Convocante
Consellería de Economía, Emprego e IndustriaPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
As subvencións reguladas na presente orde terán por obxecto o financiamento de programas de emprego dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego mediante a posta en marcha de programas integrados de emprego con intermediación laboral, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e durante un período de 12 meses.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias das subvencións para o desenvolvemento dos programas regulados nesta orde:
- Os concellos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas ependentes ou vinculadas a un concello, cuxa titularidade corresponda integramente a este.
- As entidades con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro.