Convocante
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e XustizaPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
O obxecto destas bases é a regulación da concesión de subvencións para a realización
de proxectos de cooperación ao desenvolvemento no exterior que executarán as entidades recoñecidas como axentes de cooperación para o desenvolvemento pola Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento, ben individualmente
ou mediante unha agrupación de entidades.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas axudas:
- Organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento.
- Universidades.
- Empresas e organizacións empresariaisç
- Sindicatos.
- Comunidades galegas no exterior.
- Outros axentes sociais ou entidades que teñan entre os seus fins a realización de
actividades de cooperación para o desenvolvemento.