Convocante
Deputación Provincial de PontevedraPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
O obxecto destas bases é a regulación da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas a entidades e asociacións de carácter social sen ánimo de lucro para a realización de actividades na área dos servizos sociais, sociosanitarios e da mocidade na provincia de Pontevedra no ano 2018.
Beneficiarios
Poderán obter a condición de beneficiarias as entidades sen ánimo de lucro que realicen as súas actividades de acordo co establecido na cláusula segunda, que soliciten unha única subvención con cargo a esta convocatoria e reúnan, cando finalice o prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:
- Estar legalmente constituídas como entidades de iniciativa social.
- Ter o domicilio fiscal, sede, delegación ou oficina na provincia de Pontevedra e acreditar que as actividades obxecto da subvención se realizarán no ámbito territorial da provincia.
- Estar ao corrente das súas obrigas coa Facenda pública, coa Deputación e coa Tesourería Xeral da Seguridade Social.
- Non estar incursas en ningunha das causas de incompatibilidade ou de incapacidade para ser beneficiarias ou percibir as subvencións da Administración pública previstas no artigo 13 da LXS.
- Carecer de ánimo de lucro.
- Acreditar que os seus fins e actividades sociais coinciden coa finalidade da convocatoria e co contido do proxecto presentado.