Convocante

Concello de Redondela

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

Poderán ser obxecto de subvención as actividades culturais dirixidas á realización de actuacións puntuais ou de carácter anual, no eido cultural en todas as súas vertentes. Estas actividades deben ser iniciadas e rematadas durante o ano 2017, abranguendo o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2017.

Beneficiarios

Terán a consideración de entidade beneficiaria das subvencións desta convocatoria todas as asociacións e entidades validamente constituídas sen fin de lucro, que teñan o seu domicilio social no Concello de Redondela, realicen actividades de interese cultural e se atopen debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Redondela, cun mínimo dun ano previo á convocatoria destas bases de axudas.

Volver