Convocante

Concello de Vigo

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

O obxecto das presentes bases é a regulación da concesión de subvencións, para o desenvolvemento de programas de Festas Tradicionais e Patronais e desenvolvemento de actividades socioculturais que complementen e/ou suplan aquelas de competencia municipal.

Beneficiarios

Poderán solicitar subvención, as entidades xurídicas sen ánimo de lucro que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Asociacións que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións á data de presentación da solicitude.
  2. Que teñan a súa sede social ou delegación no termo municipal de Vigo.
  3. Que conforme aos seus estatutos ou normas reguladoras, teñan obxectivos e finalidades coincidentes cos establecidos nas presentes bases.
  4. Que dispoñan de estrutura suficiente para garantir o cumprimento dos obxectivos propostos e acreditar a experiencia e capacidade necesaria para o logro de tales obxectivos.
  5. Que se atopen ao corrente das súas obrigas fiscais co Concello de Vigo, coa Facenda Pública estatal e autonómica e coa Seguridade Social.
  6. Que teñan debidamente xustificadas en tempo e forma axudas outorgadas nesta área do Concello de Vigo no ano anterior.
Volver