Convocante
Concello de A EstradaPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
As presentes bases teñen por finalidade regular a concesión de subvencións destinadas ós clubs e asociacións deportivas e ós deportistas federados do Concello da Estrada para a participación e promoción deportiva da tempada 2016/2017.
Son obxectivos perseguidos destas axudas a potenciación do deporte, a promoción da práctica deportiva, a creación de canteiras de deportistas no Concello da Estrada tanto a curto como a longo prazo, impulsando ademais deste xeito formas de ocio alternativo.
Beneficiarios
Poderán solicitar estas axudas tódalas asociacións e clubs deportivos do Concello da Estrada sen ánimo de lucro legalmente constituídos e que veñan desenvolvendo unha labor de promoción deportiva e de interese para a sociedade dentro do Concello da Estrada. Os cales deberán cumprir en todo caso os seguintes requisitos:
- Os clubs federados sen ánimo de lucro, con domicilio social no Concello da Estrada e que leven a cabo a súa actividade dentro do mesmo.
- Estar debidamente federadas e inscritas no Rexistro oficial correspondente.
- Carecer de ánimo de lucro.
- Non ter ningún tipo de débeda pendente de xustificar co Concello da Estrada.
Tamén poderán solicitar estas axudas os deportistas federados domiciliados no Concello da Estrada con anterioridade á aprobación destas bases e que participen en competicións de ámbito comarcal ou superior incluídas nos calendarios das respectivas federacións.