Convocante
Instituto Galego de Promoción EconómicaPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
As presentes bases teñen por finalidade o fomento da competitividade, a innovación e a cooperación empresarial en distintos sectores da actividade económica en Galicia mediante a concesión de axudas ás entidades xurídicas xestoras de agrupacións empresariais (clústeres) innovadoras galegas consolidadas para a realización de actividades neses eidos.
Beneficiarios
As axudas establecidas nestas bases destínanse ás agrupacións empresariais (clústeres) innovadoras que cumpran todas estas condicións:
- Que colaboren e desenvolvan proxectos en cooperación no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, e que un mínimo dun 50 % dos seus asociados empresariais dispoñan dun centro de traballo en Galicia.
- Que teñan creada unha entidade con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro que xestione a agrupación clúster cunha antigüidade mínima de tres anos.
- Que cumpran os requisitos establecidos no artigo 54 do Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial.