Convocante
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e XustizaPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
stas bases regulan a concesión de subvencións para proxectos desenvoltos dentro dalgunha das catro dimensións seguintes:
- Sensibilización e concienciación da opinión pública en materia de cooperación para o desenvolvemento e causas da pobreza.
- Formación sobre o desenvolvemento e difusión nos ámbitos educativos do coñecemento da realidade dos países empobrecidos e da cooperación para o desenvolvemento.
- Investigación sobre o desenvolvemento.
- Incidencia, participación e mobilización social para crear redes de solidariedade na nosa sociedade.
Beneficiarios
As entidades beneficiarias da concesión de subvencións serán as organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento que estean inscritas na sección A do Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento e as agrupacións lideradas por ONGD cos outros axentes de cooperación.