Convocante
Concello de VilaboaPublicación
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
Obxecto
É obxecto das presentes bases regular as normas polas cales se rexerá a concesión en concorrencia competitiva de subvencións ás persoas, asociacións e entidades deportivas sen animo de lucro deste concello.
Estas subvencións terán os seguintes obxectivos:
- Axudar as persoas e/ou entidades que practican/participan do deporte de elite
- Favorecer o deporte base
- Apoio á participación de nenas e nenos naqueles deportes ou actividades nos que están infrarepresentados debido aos estereotipos tradicionais de xénero
- Potenciar a participación feminina no deporte
- Fomentar a práctica do deporte
Beneficiarios
Poderán acollerse a esta convocatoria as persoas, asociacións e entidadaes deportivas sen ánimo de lucro, que cumpran os requisitos establecidos nas Bases Reguladoras.