Convocante

Deputación Provincial de Pontevedra

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

Esta convocatoria ten por obxecto regular as axudas para a organización de festivais ou certames musicais e teatrais de prestixio que teñan lugar na provincia de Pontevedra, que dediquen unha especial atención á programación e á difusión da música e do teatro galegos, ademais doutras variantes artísticas, e que se levasen a cabo como mínimo en tres edicións consecutivas nos últimos catro anos.

Beneficiarios

Poderán solicitar estas subvencións as asociacións que reúnan os seguintes requisitos:

  • Carecer de fins de lucro
  • Desenvolver a actividade principal no ámbito territorial da provincia de Pontevedra
  • Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir subvencións públicas
  • Non estar incursas en ningunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei
  • Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Seguridade Social, coa Facenda estatal, coa Facenda autonómica e coa Deputación de Pontevedra
Volver