Convocante
Concello de Santiago de CompostelaPublicación
Boletín Oficial de A Coruña
Obxecto
Estas bases conteñen os criterios e o procedemento para conceder as subvencións municipais dirixidas á promoción de actividades culturais e artísticas de amplo espectro orientadas a todo tipo de públicos e idades, que respondan aos criterios xerais de valor artístico, interese social, diversidade, redistribución territorial, desestacionalización e traballo en rede.
Beneficiarios
Poderán solicitar estas subvencións:
- As persoas físicas ou xurídicas, así como as sociedades civís e comunidades de bens –ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia–, así como as unións temporais de empresas, dedicadas profesionalmente á produción de actividades culturais e artísticas, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade en Galicia. Exceptúanse as asociacións e restantes entidades sen fins de lucro.
- Que están ao corrente nas súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social. No caso de agrupacións sen personalidade xurídica, deben cumprir este requisito todos os integrantes.