Convocante
Consellería de Economía, Emprego e IndustriaPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para realizar actividades de impulso e fomento do cooperativismo e da economía social, a través dos seguintes programas de axudas:
- Programa I. Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.
- Programa II. Oficinas locais de fomento cooperativo.
- Programa III. Apoio ás entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades no marco da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.
Beneficiarios
Poderanse acoller ás subvencións, sempre que cumpran as
condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda:
- As asociacións de cooperativas e de sociedades laborais para as actuacións previstas no programa I.
- Os concellos de Galicia, a través dos órganos dunha área metropolitana, dunha mancomunidade de municipios, dun consorcio local, ou dunha agrupación dun mínimo de catro concellos que pertenzan a unha mesma zona, nos termos e para as actuacións previstas no programa II.
- As fundacións e asociacións, as cámaras de comercio, as organizacións profesionais, empresariais e sindicais e outras entidades sen ánimo de lucro para as actuacións e nos termos previstos no programa III.