Ander Mimenza, consultor, coach e formador en procesos de desenvolvemento de persoas, equipos e organizacións, forma parte do Programa VIRADA desde hai anos.

Na súa opinión, as formas nas que un individuo pode influír sobre outros depende de cada sistema social. “Canto maior sexa a súa capacidade de influencia, maior é a súa poder” e nunha época dominada polas redes sociais e ‘influencers’ falamos con el sobre influencia e poder como valores de liderado nas entidades.

 

Que necesito para influír na miña organización?

En definitiva, diría que para influír na nosa organización é necesario:

  • Querer. Desexar influír sen medo no que dirán. A vontade de exercer o poder como unha valiosa contribución para toda a organización e os seus membros.
  • Saber. Ter o coñecemento que che faga engadir valor. Actitudes, comportamentos e coñecementos, valorados polas demais persoas e pola organización.
  • Poder. Posuír a lexitimidade real e efectiva para actuar. É a capacidade de levar a cabo accións.

Como saber canto poder de influencia teño na miña organización?

 

Algunhas pistas que poden axudarche a responder a esta pregunta:

  • Potestas. É a forza que emana da lexitimidade formal. Identifica a área de influencia que che aporta o teu rol funcional. Descubre como é vinculante a túa opinión sobre as decisións que afectan á xestión dos recursos, ás tarefas das persoas, etc.
  • Auctoritas. Refírese á lexitimidade socialmente recoñecida. Observa como te escoitan cando das a túa opinión, que suxestións túas se apoian, ata que punto eres referencia e exemplo para outras persoas.
  • Estatus baseado no valor recoñecido. É a achega ao que se valora na entidade. Descobre cal é a túa valiosa contribución e que merece o teu recoñecemento.

En VIRADA poñemos o foco en formas de liderado, en como podemos exercer o noso labor contando coas persoas, coas capacidades e talentos de cada membro do equipo para levar as nosas tarefas diarias ao éxito sen limitacións. Se tes persoas ao teu cargo, se, en xeral, relaciónasche con persoas no teu ámbito laboral, escoita o que o noso coach, Ander Mimenza, ten que contarche sobre o Programa VIRADA

 

Voltar