Convocante
Concello de VigoPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
Estas axudas están dirixidas a fomentar o asociacionismo e a participación cidadá, co fin de reforzar a capacidade de autoorganización das entidades asociativas e posibilitar o fortalecemento do tecido social e a promoción de calidade de vida e benestar social da cidadanía.
Considéranse programas necesarios para o normal funcionamento da entidade, para o cumprimento dos seus fins e o desenvolvemento das súas actividades sociais, os cales se pretenden fomentar, os seguintes:
- Programa I: “Gastos de mantemento”
- Programa II: “Gastos en investimento: equipamento”
- Programa III: “Gastos en investimento: obras e adquisición de inmobles”
Beneficiarios
Poderán solicitar subvencións e obter a condición de beneficiarios as entidades, sen ánimo de lucro, que operen no movemento veciñal e traballen no ámbito sociocomunitario, da participación cidadá e das relacións cidadáns.