Convocante
Concello de CarballoPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
A presente convocatoria de subvencións ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás entidades empresariais do municipio de Carballo para impulsar accións de dinamización, programas de formación e actividades de promoción económica local durante o ano 2017.
Beneficiarios
Poderán concorrer á presente convocatoria de subvencións as entidades empresariais xuridicamente constituídas que cumpran os seguintes requisitos:
- Carecer de fins de lucro
- Ter a sede social e o domicilio fiscal no Concello de Carballo
- Desenvolver a súa actividade dentro do ámbito municipal
- Non ter pendente de xustificar ningunha subvención ou axuda económica concedida polo Concello de Carballo
- Estar inscritas no rexistro municipal de asociacións
- Estar ao corrente das súas obrigas coa facenda pública, co Concello de Carballo e coa Tesouraría da Seguridade Social