Convocante

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2024 dos incentivos á contratación indefinida inicial e a formación de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou por persoas profesionais con domicilio social e fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia co fin de promover a consolidación do emprego autónomo.

Este programa inclúe dous tipos de axudas compatibles entre si:

  1. Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.
  2. Bono de formación (opcional), por medio do cal se proporcionará unha subvención para accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras cuxos contratos se subvencionan por medio desta orde co obxecto de mellorar os seus coñecementos e as habilidades relacionadas co posto de traballo.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia, pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido.

Volver