Convocante
Deputación Provincial de PontevedraPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
A finalidade destas bases serán as actividades e proxectos de índole social que se desenvolvan na provincia de Pontevedra durante o exercicio 2023, dirixidas a colectivos que polas súas circunstancias persoais, psíquicas, físicas, socioeconómicas ou de natureza análoga se atopen en situación de desvantaxe e vulnerabilidade social.
Beneficiarios
Poderán solicitar axudas as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:
- Ter a sede social ou unha delegación na provincia de Pontevedra.
- Estar inscritas, no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) da Xunta de Galicia, regulado no Decreto 254/2011, de 23 de decembro. No caso de que a información que conste neste rexistro non estivese actualizada, a entidade solicitante deberá comunicalo e achegar a información necesaria.
- Carecer de fins de lucro e ter obxectivos e finalidades coincidentes co obxecto da subvención, segundo os seus estatutos
- Estar ao corrente das obrigas coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda autonómica, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra.
- Non incorrer nalgunha das prohibicións previstas na LXS nin estar incluídas nos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.