Convocante
Consellería de Emprego e IgualdadePublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto financiar a contratación, por parte das entidades sen ánimo de lucro, de mulleres que sofren violencia de xénero, ao abeiro do disposto na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, ata un máximo de doce (12) mensualidades para mellorar e facilitar a súa inserción laboral.
Beneficiarios
Poderán ser entidades beneficiarias da subvención prevista nesta resolución:
- As entidades sen ánimo de lucro.
- As cooperativas sen ánimo de lucro.