Convocante

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Estas subvencións teñen por obxecto  financiar a contratación por parte das entidades sen ánimo de lucro de mulleres que sofren violencia de xénero, ao abeiro do disposto na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, ata un máximo de 12 mensualidades para mellorar e facilitar a súa inserción laboral.

A súa finalidade é contribuír a que as mulleres acaden unha maior autonomía a través da promoción da súa independencia económica e do seu empoderamento, e reforzando ao mesmo tempo as posibilidades dunha posterior inserción laboral estable, co obxectivo fundamental de lograr a súa plena integración na vida económica e social.

Beneficiarios

Poderán ser entidades beneficiarias da subvención prevista nesta resolución:

  • As entidades sen ánimo de lucro.
  • As cooperativas sen ánimo de lucro segundo o disposto na disposición adicional cuarta da Lei 14/2011, de 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, que acrediten o cumprimento das previsións da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, respecto dos topes máximos de traballadores ou traballadoras por conta allea.
Volver