Convocante

Concello de Lugo

Publicación

Boletín Oficial de Lugo

Obxecto

Estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións por parte do Concello de Lugo, Concellería de Muller, Igualdade e Inclusión (Servizo de Igualdade), a asociacións e entidades xurídico-privadas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento, durante o exercicio económico de 2024, de proxectos que beneficien a colectivos no eido da promoción da igualdade de xénero e da diversidade afectivo sexual.

Existen dúas liñas de subvención:

  1. En materia de promoción da igualdade de xénero e de promoción da integración da muller:
    – Fomento da igualdade de xénero en actividades de ocio, culturais, etc.
    – Avanzar cara un municipio libre de violencias machistas en sentido amplo.
    – Fomento da participación da muller rural nos ámbitos socio-culturais e no ámbito da sensibilización na igualdade de xénero e contra a violencia de xénero.
  2. En materia de promoción da inclusión da diversidade afectivo-sexual (visibilización e sensibilización):
    – Promover os dereitos humanos como modelo para a convivencia social e a inclusión das persoas LGTBIQ+
    – Promover a sensibilización, formación e naturalización da diversidade sexual e de xénero das persoas LGTBIQ+
    – Orientar e asesorar sobre cuestións legais, educativas, sanitarias, deportivas e sociais a persoas LGTBIQ+ e as súas familias.
    – Visibilizar e apoderar ao colectivo LGTBIQ+ no municipio de Lugo.

Beneficiarios

Poderán acollerse a esta convocatoria de subvencións todas as asociacións, entidades ou persoas xurídicoprivadas sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:

  • Estar legalmente constituídas e domiciliadas no Concello de Lugo.
  • As entidades beneficiarias segundo se trate de asociacións, fundacións ou outras entidades sen ánimo de lucro, deberán estar inscritas obrigatoriamente no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Lugo, ainda que poidan figurar no Rexistro de Fundacións do organismo competente ou en calquera outro rexistro público.
  • Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas, locais e da Seguridade Social.
  • Non estar incursas nos supostos previstos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, así como nos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
  • Ter xustificados debidamente os gastos correspondentes a subvencións concedidas con anterioridade polo Concello de Lugo.
  • Desenvolver proxectos que beneficien a persoas e/ou colectivos no eido da promoción da igualdade de xénero e/ou da igualdade afectivo-sexual.
  • Desenvolver actividades que complementen a programación de fomento da igualdade de xénero e LGTBIQ+ realizada pola Concellería de Muller, Igualdade e Inclusión (Servizo de Igualdade).
  • Non percibir, durante este exercicio económico, ningunha subvención municipal das previstas nominativamente, no orzamento xeral de 2024.
  • Ter presentado na Oficina de Participación Cidadá o orzamento, memoria de actividades anual e renovación das persoas que formen parte da directiva.
  • Non utilizar a imaxe da muller como reclamo e/ou con connotacións de tipo sexual ou denigrante da súa imaxe (acordo plenario 9/124 do día 30 de xuño de 2016).
Volver