Convocante
Consellería de Política Social e IgualdadePublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Estas axudas teñen por obxecto financiar a contratación, por parte das entidades sen ánimo de lucro, de mulleres que sofren violencia nde xénero, ao abeiro do disposto na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, ata un máximo de 12 mensualidades, para mellorar e facilitar a súa inserción laboral coa finalidade de apoiar a recuperación e a integración social e laboral destas persoas.
Por medio desta convocatoria as entidades terán a posibilidade de obter axudas para a contratación por conta allea de mulleres que sofren violencia de xénero.
Beneficiarios
- Poderán ser entidades beneficiaras das subvencións:
- As entidades sen ánimo de lucro.
- As cooperativas sen ánimo de lucro, segundo o establecido na disposición adicional cuarta da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, que acrediten o cumprimento das previsións da dita lei respecto dos topes máximos de traballadores ou traballadoras por conta allea.
- Para ser beneficiarias as entidades e as cooperativas relacionadas no número anterior deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma.
- Cumprir os requisitos e condicións establecidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia