Convocante
AGADIC Axencia Galega das Industrias CulturaisPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic de apoio ao sector escénico, dentro do marco das competencias deste organismo, a través de distintas liñas de subvención, e proceder á súa convocatoria para o ano 2020.
Beneficiarios
Poderán acceder a estas axudas segundo as distintas modalidades:
- Modalidade 1: persoas físicas (autónomas) ou xurídicas dedicadas profesionalmente á xestión de salas de artes escénicas de titularidade privada na Comunidade Autónoma de Galicia con capacidade igual ou inferior a 150 localidades.
- Modalidades 2 e 3: persoas físicas (autónomas) ou xurídicas, así como as unións temporais de empresas, dedicadas profesionalmente á produción de actividade escénica, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.