Convocante
Concello de MoechePublicación
Boletín Oficial de A Coruña
Obxecto
É obxecto das presentes bases regular a concesión, mediante concorrencia competitiva de axudas ás entidades sen ánimo de lucro rexistradas no Concello de Moeche, polo desenvolvemento de actividades, obras ou servizos que segundo os seus estatutos lles sexan propios e teñan un interese xeral e redunden en beneficio da comunidade, durante o ano 2016.
Beneficiarios
Poderán concorrer a optar a estas subvencións as entidades, organismos ou asociacións xuridicamente constituídas que cumpran os seguintes requisitos:
- Carecer de fins de lucro.
- Estar debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello.
- Non deber cantidade ningunha ao Concello por calquera concepto.
- Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial do Concello de Moeche