Convocante

Concello de Teo

Publicación

Boletín Oficial de A Coruña

Obxecto

A presente convocatoria está dirixida a subvencionar programas e actividades que persigan o fomento da igualdade entre homes e mulleres e de prevención e loita contra a violencia de xénero:, organizadas ou promovidas por asociacións veciñais de igualdade e benestar durante ano 2017.

Beneficiarios

Serán beneficiarias ás asociacións veciñais, de igualdade e de benestar con ámbito de actuación no termo municipal do Concello de Teo que desenvolvan actividades de promoción da igualdade entre homes e mulleres, que para esta convocatoria entenderanse:

  • Actividades de sensibilización e fomento da igualdade de oportunidades e trato entre mulleres e homes.
  • Obradoiros en materia de igualdade, coeducación e prevención da violencia de xénero.
  • Actividades que fomenten a corresponsabilidade familiar e o cambio de condutas en materia de conciliación, responsabilidade doméstica e de coidado.
  • Accións relacionadas coa saúde da mulleres e o seu benestar
  • xeral: obradoiros, charlas, cursos ou conferencias
  • sobre hábitos de vida saudables; detección precoz de enfermidades; trastornos da alimentación; relacións afectivo-sexuais; autoestima e imaxe corporal; fomento da práctica de actividades físicas…
  • Formación en linguaxe non sexista
  • Campañas a prol do xoguete non sexista. Actividades de sensibilización sobre os efectos dos xoguetes sexistas nos nenos e nas nenas.
  • Accións de apoio ao aleitamento materno
  • Actividades de información e sensibilización sobre roles e estereotipos de xénero, a súa repercusión na vida de mulleres e homes no espazo público e privado.
  • Accións sobre educación na igualdade, dereitos, servizos e recursos para as mulleres.
  • Actividades para visibilizar o papel das mulleres na historia, na arte, literatura, política, ciencia, deporte…
  • Actividades que promovan a participación dos homes de todas as idades na consecución da igualdade real.
Volver