Convocante
Concello de OurensePublicación
Boletín Oficial de Ourense
Obxecto
Constitúe o obxecto desta convocatoria a concesión de subvencións en materia deportiva para o exercicio 2018, con cargo ao orzamento do Consello Municipal de Deportes de Ourense, nas seguintes liñas:
- Liña 1.- Organización de actividades deportivas federadas e outras actividades de especial transcendencia social que contribúan á promoción deportiva no período comprendido entre o 1 de novembro de 2017 e o 31 de outubro de 2018.
- Liña 2.- Gastos de funcionamento das entidades deportivas por participación ou organización de competicións e actividades federadas de carácter oficial, para a tempada 2017-2018.
Beneficiarios
Poderán ter a condición de entidades beneficiarias:
- As federacións deportivas
- Clubs ou entidades deportivas do municipio de Ourense inscritos/ as no Rexistro de Asociacións Deportivas Municipais
Observacións
Os prazos de presentación das solicitudes son os seguintes:
- Liña 1: dende o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense ata o 31 de outubro de 2018.
- Liña 2: 30 días naturais desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.