Convocante

Concello de Ourense

Publicación

Boletín Oficial de Ourense

Obxecto

Constitúe o obxecto destas bases a concesión de subvencións en materia deportiva nas seguintes  liñas:

  1. Organización de actividades deportivas federadas e outras actividades de especial transcendencia social, que contribúan á promoción deportiva no período comprendido entre o 1 de novembro do ano precedente e o 31 de outubro de cada exercicio orzamentario
  2. Gastos de funcionamento das entidades deportivas por participación ou organización de competicións e actividades federadas de carácter oficial, na tempada 2016/2017.

Beneficiarios

Poderán ter a condición de entidades beneficiarias as federacións deportivas Clubs ou entidades deportivas do municipio de Ourense inscritos/ as no Rexistro de Asociacións Deportivas Municipais.

Observacións

Plazos de presentación:

  • Liña de actuación 1.ª: desde a publicación da convocatoria no
    BOP ata o 31 de outubro de cada ano.
  • Liña de actuación 2.ª: 30 días naturais desde a publicación da
    convocatoria no BOP.
Volver