Convocante
Consellería de Emprego e IgualdadePublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Estas subvención teñen por obxecto apoiar ás entidades que presten servizos de orientación laboral para o emprego e asistencia para o autoemprego, articuladas en itinerarios personalizados para o emprego e dirixidas a mellorar as posibilidades de ocupación das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, a través da contratación de persoal técnico de orientación laboral para o exercicio 2021.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas na presente orde:
- As entidades locais, coa excepción das entidades de ámbito territorial provincial, ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha das anteriores, cuxa titularidade corresponda integramente a ela, sempre que por si soas ou asociadas entre concellos limítrofes teñan unha media de paro rexistrado no ano 2021 superior a 350 persoas, ou formen parte dunha agrupación que comprenda, cando menos, tres concellos limítrofes galegos (ou a dous no caso de que un deles proceda da fusión de concellos).
- As confederacións e asociacións empresariais e sindicais de Galicia, e as fundacións
delas dependentes con experiencia na realización de accións de orientación laboral. - As entidades sen ánimo de lucro especializadas en atención a persoas con discapacidade, así como aquelas entidades que teñan por obxecto a atención a un colectivo específico de persoas en determinadas situacións de exclusión social (por razóns étnicas, adiccións, ex reclusos, etc.) que realicen accións de orientación laboral de acordo co previsto nestas bases reguladoras.
- As entidades sen ánimo de lucro non incluídas na alínea anterior, que teñan entre as súas finalidades a atención a colectivos de persoas en risco ou situación de vulnerabilidade ou exclusión social que realicen accións de orientación laboral de acordo co previsto nestas bases reguladoras.