Convocante
Deputación Provincial de PontevedraPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
O obxecto destas subvencións e fomentar o uso e o prestixio do galego no conxunto da sociedade, que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017, a través das seguintes accións:
- Fomento da creación e da difusión cultural en lingua galega:
- Certames literarios e xornalísticos
- Creación audiovisual e literaria
- Feiras e eventos que promocionen a creación en lingua galega
- Sociolingüística e toponimia:
- Estudos e publicacións sobre sociolingüística
- Xornadas e publicacións de recuperación da toponimia
- Fomento do emprego do galego no comercio e na industria:
- Xornadas, campañas e publicacións para a dinamización comercial en lingua galega
- Recoñecementos e distincións:
- Actividades, accións e publicacións relacionadas coa conmemoración do Día das Letras Galegas ou que recoñezan o labor de persoas ou colectivos que aposten polo galego
Beneficiarios
Poderán solicitar estas subvencións as persoas físicas e xurídicas que reúnan os seguintes requisitos:
- Carecer de fins de lucro (feito que se debe acreditar cunha declaración responsable da persoa representante)
- Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra ou, excepcionalmente, fóra deste cando versen sobre temas de interese para a provincia
- Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade
- Non estar incursas nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei
- Estar ao corrente coas obrigas tributarias, coa Seguridade Social, coa Facenda autonómica e coa Deputación para percibir subvencións públicas