Convocante

Concello de Redondela

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

O obxecto de estas subvencións é o desenvolvemento de actividades e programas de promoción da muller e da igualdade cuxa finalidade sexan:

  • Promover a igualdade real e efectiva de mulleres e homes en todos os ámbitos.
  • Promover a conciliación, corresponsabilidade e igualdade nos fogares.
  • Difundir os dereitos das mulleres e a historia dos movementos reivindicativos das mulleres e promover a participación das mulleres no eido social, cultural e artístico
  • Formar, orientar e asesorar cara a busca ou consolidación do emprego.
  • Informar, asesorar, previr ou tratar a violencia de xénero.
  • Promover a saúde e o autocoidado en problemáticas específicas de muller.
  • Fomentar a promoción persoal e a adquisición de habilidades sociais das mulleres en risco de exclusión.
  • Promover o deporte nas mulleres.

Beneficiarios

Terán a consideración de entidade beneficiaria das subvencións destas bases e convocatoria todas as asociacións de mulleres e vogalías da muller de entidades veciñais ou culturais debidamente constituídas en asemblea demostrable a través da presentación da correspondente acta.

Volver