Convocante
Consellería de Promoción do Emprego e IgualdadePublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Esta convocatoria ten por obxecto o financiamento de accións de fomento do emprego en colaboración con organismos intermedios sen ánimo de lucro (asociacións empresariais sectoriais ou multisectoriais, clústeres empresariais e consellos reguladores) para a contratación durante nove meses de persoas mozas, incluídas e que consten como beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das axudas e subvencións previstas nesta orde os organismos intermedios sen ánimo de lucro que se atopen inscritos no correspondente rexistro e dispoñan de centro de traballo en Galicia, entendendo por organismos intermedios sen ánimo de lucro os seguintes:
- Asociacións empresariais sectoriais ou intersectoriais, incluídas as de carácter tecnolóxico.
- Consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica.
- Agrupacións industriais empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliadas en Galicia), que representen un colectivo de empresas galegas.
- Clústeres empresariais.
- Asociacións de persoas autónomas.