Convocante
Concello de OurensePublicación
Boletín Oficial de Ourense
Obxecto
O obxecto destas bases é a regulación da tramitación e concesión de subvencións, por parte da Deputación Provincial de Ourense, destinadas a clubs deportivos da provincia de Ourense, mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, coa finalidade de financiar parcialmente os gastos derivados da súa participación na competición deportiva durante a tempada 202-2023.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases os clubs deportivos que reúnan os seguintes requisitos:
- Estar inscritos nos rexistros deportivos correspondentes da Xunta de Galicia.
- Ter o seu domicilio social na provincia de Ourense, circunstancia que deberá constar na inscrición no Rexistro Deportivo Oficial da Xunta de Galicia.
- Participar, na temporada 2022/2023 en competicións oficiais, calquera que sexa o seu ámbito, convocadas polas súas respectivas federacións.
- Posuír, polo menos, un equipo de base acreditado, é dicir, inferior á categoría sénior ou absoluta, cun mínimo de dez licenzas federativas. Para os clubs que compitan en disciplinas individuais establécese, así mesmo, como requisito básico, posuír un mínimo de dez licenzas federativas de deportistas de base en competición.