Convocante
Deputación Provincial de A CoruñaPublicación
Boletín Oficial de A Coruña
Obxecto
As axudas económicas obxecto da presente convocatoria destinaranse á realización de investimentos tendentes a impulsar o desenvolvemento económico, o fomento do emprego, o apoio ao comercio e a hostalaría,.por parte das entidades sen ánimo de lucro que forman parte dos seguintes ámbitos:
- Colexios profesionais, camaras de comercio:
- Reforma e mellora de locais sociais.
- Adquisición de mobiliario ou equipamento informático.
- Asociacións de veciños e de mulleres rurais:
- Execución de obras ou equipamentos de interese xeral no ámbitoparroquial, municipal ou comarcal, tales como: saneamento, abastecemento de auga, acondicionamento de camiños, iluminación pública.
- Reforma e mellora de locais sociais.
- Adquisición de mobiliario ou equipamento informático.
- Entidades asociativas e representativas dalgún sector profesional, comercial ou empresarial
- Investimentos na hostalería e no comercio, para adaptarse á normativa vixente na materia: adecuación dos locais para mellora da accesibilidade, instalación e equipamentos contra incendios e seguridade interior, adecuación das instalación eléctricas, adquisición de equipamento tecnolóxico (TPV) para adaptación á regulación das obrigas de facturación.
Beneficiarios
Poderán participar na presente convocatoria as entidades que cumpran os requisitos que se establecen de seguido, no momento de presentaren a solicitude:
- Entidades sen ánimo de lucro, tales como: Colexios profesionais, cámaras de comercio, entidades asociativas e representativas dalgún sector profesional, comercial ou empresarial, asociacións de veciños e de mulleres rurais; legalmente constituídas no momento de facer a solicitude, con domicilio fiscal na provincia da Coruña ou que acrediten que os investimentos obxecto da subvención se realizarán no ámbito territorial desta provincia.