Convocante
Deputación Provincial de PontevedraPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
Estas subvencións están dirixidas a financiar as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra que desenvolvan proxectos, programas e actividades para o fomento da igualdade entre mulleres e homes e a loita contra a violencia machista durante o ano 2022.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro inscritas na Área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia (RUEPSS), que teñan a súa razón social ou unha delegación na provincia de Pontevedra e que cumpran todos os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.