Convocante

Consellería de Politica Social e Xuventude

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que rexen a concesión dos premios do programa Xuventude Crea e proceder á súa convocatoria para o ano 2023.
2. Cos premios do programa Xuventude Crea trátase de favorecer o traballo creativo da xuventude galega, coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra nas especialidades de artes plásticas, arte urbana, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.

Beneficiarios

Poderán solicitar a participación na obtención dos premios nas especialidades do programa Xuventude Crea 2023 as persoas galegas ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade feitos no ano 2023, agás o establecido no capítulo II para cada especialidade.

A participación será sempre a título individual, salvo no caso das especialidades de cociña, creación de videoxogos, danza moderna, música, teatro e videocreación. Nestas especialidades poderán presentarse asociacións privadas sen ánimo de lucro legalmente constituídas ou grupos informais, en que unha das persoas integrantes asumirá o papel de representante único/a do grupo e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como persoa beneficiaria, lle correspondan ao grupo e, en consecuencia, a todas as persoas que o forman.

Volver