Convocante

Consellería de Política Social e Xuventude

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

A finalidade das subvencións é fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da Comunidade Autónoma Galega a través de proxectos integrais e específicos de actuación.

Para os efectos desta orde, considéranse áreas de atención prioritaria as seguintes:

  1.  Iniciativa Xove Emprendedora: proxectos que lle permitan á mocidade poñer en marcha as súas ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade.
  2. Promoción de hábitos saudables e prevención de condutas de risco ou violentas entre a poboación xuvenil, así como sensibilización e loita contra calquera forma de discriminación, en especial contra a violencia de xénero.
  3. Posta en valor e promoción do Camiño de Santiago e do fenómeno xacobeo.
  4. Fomento de actitudes creativas e innovadoras da xuventude na súa comunidade e na súa contorna.
  5. Fomento da inclusión social e laboral e da accesibilidade das persoas mozas pertencentes a colectivos con dificultades de integración ou especialmente vulnerables.
  6. Promoción de sectores emerxentes vinculados ao sector das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC).
  7. Fomento da participación e do empoderamento das mulleres novas galegas.
  8. Promoción de actitudes e hábitos sustentables e de concienciación sobre o cambio climático, así como de posta en valor do patrimonio cultural e natural.
  9. Desenvolvemento e dinamización do medio rural.
  10. Dinamización da lingua galega entre a mocidade.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios de estas axudas:

  • Grupos informais de entre 5 e 8 persoas mozas, debidamente identificadas, con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos e empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten sexa diferente do que presenten, se é o caso, as asociacións xuvenís ou entidades prestadoras que formen parte da federación. Deberán estar inscritas no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Volver