Convocante

Instituto Galego de Promoción Económica

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Estas axudas teñen como obxecto subvencionar proxectos que promovan a adaptación dos beneficiarios elixibles á situación creada polo COVID-19 mediante a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais en calquera das seguintes categorías:

  • Sistemas de control de presenza: cámaras, sensores, sistemas de check-in/check-out.
  • Sistemas de control de capacidade: cámaras, sensores, sistemas en liña sobre catálogo diario (xestión de citas), xestión de colas.
  • Sistemas de control de estado sanitarios: cámaras específicas, pulseiras.
  • Sistemas de control de normas de calidade COVID-19.
  • Sistemas e aplicacións de xestión baseados en Low code automation.
  • Sistemas de catálogos diarios efémeros; sistemas de xestión de pedidos efémeros, comandas.
  • Sistemas de cartelaría electrónica para mensaxes a clientela e de emisión de contidos en xeral.
  • Sistemas de notificación en móbil; sistemas de xestión de contidos electrónicos para hostalaría (menús, cartas …).ç
  • Sistemas de balizas.
  • Automatización de procesos regulados, tarefas reguladas, pasos regulados por COVID-19.
  •  Adaptación da presenza na internet ao efecto do COVID-19, mediante elementos como bots de conversa autónoma, integración de sistemas de comercio básicos, mellora do catálogo de produtos, solucións de atención remota, sistemas pick and go (compra en móbil e recollida en tenda) e outros similares.
  • Solucións de conectividade e incorporación do teletraballo. Solucións de mellora da ciberseguridade. De xeito excepcional, outros que poidan axudar á dita adaptación, o cal se motivará na resolución de concesión.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades con centro de traballo en Galicia comprendidas nalgunha das seguintes categorías:

  1. Microempresas  (inclúe autónomos que cumpran a condición de microempresa), que desenvolvan a súa actividade nalgún dos seguintes sectores:
    • Hostalaría e turismo
    • Comercio polo miúdo
    • Transporte
    • Perrucaría e estética persoal, tinturarías, servizos de reparación e outros –
    • Educación secundaria técnica y profesional
  2. As seguintes entidades da economía social: sociedades cooperativas galegas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego.
  3. Entidades do tecido asociativo empresarial e laboral, como poden ser asociacións empresariais, clústers, colexios profesionais ou cámaras.
Volver