Convocante

Concello de Ferrol

Publicación

Boletín Oficial da Coruña

Obxecto

O Premio Solidario Cidade de Ferrol ten como obxecto principal premiar os esforzos de iniciativas e proxectos desenvolvidos no ámbito da solidariedade, a cooperación e o voluntariado, establecéndose dúas categorías:

  • A primeira, cunha dotación económica anual de 6.000 euros, que premie a posta en marcha, ampliación ou continuación de proxectos solidarios e no eido do voluntariado que se desenvolvan nun contexto local, é dicir, no ámbito do Concello de Ferrol.
  • A segunda, cunha dotación económica anual de 4.000 euros, que premie a posta en marcha, ampliación ou continuación de proxectos solidarios no eido da cooperación internacional e dentro do ámbito da protección dos dereitos sociais básicos (saúde, educación, alimentación, hábitat e auga e saneamento básico) das persoas e colectivos máis vulnerables.

Beneficiarios

Serán consideradas como candidatas obxecto deste premio:

  1. Entidades sociais, consideradas como tal as asociacións, ONG, fundacións… que cumpran os seguintes requisitos:
    • Estar legalmente constituídas e rexistradas no Rexistro Municipal de Entidades Cidadáns do Concello de Ferrol
    • Non ter carácter lucrativo.
    • Estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social
    • Non estar incursas en causas de prohibición, incapacidade ou incompatibilidade establecidas nos artigos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003 de 17 de novembro xeral de subvencións.
    • O proxecto axustarase aos obxectivos da Área de Solidariedade, Cooperación e Voluntariado.
  2.  Persoas físicas que cumpran os seguintes requisitos:
    • Ser maior de 18 anos e estar empadroado no Concello de Ferrol
    • Estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
    • Non estar incursas en causas de prohibición, incapacidade ou incompatibilidade establecidas nos artigos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003 de 17 de novembro xeral de subvencións.
    •  O proxecto axustarase aos obxectivos da Área de Solidariedade, Cooperación e Voluntariado.
    • Cada entidade ou persoa física poderá presentar ata un total de dous proxectos, para a mesma ou distinta categoría, e valoraranse de xeito individual e independente cada un deles.
Volver