Convocante

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Esta orde ten por obxecto favorecer a contratación de persoas desempregadas na empresa ordinaria e en entidades sen ánimo de lucro, especialmente daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral, coa finalidade de seguir paliando os prexuízos económicos sobre o mercado de traballo, derivados dos efectos da pandemia provocada pola COVID-19 e agravados pola invasión de Ucraína por parte de Rusia.

A orde regula o Plan Galicia emprega (código de procedemento TR342C) de incentivos á contratación por conta allea dos colectivos vulnerables recollidos no artigo 24.1.a), a través dunha liña de incentivos á contratación por conta allea cuxas particularidades se recollen nesta orde, e que inclúe catro modalidades de axudas:

  • Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.
  • Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.
  • Incentivos ao incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses.
  • Axudas para a adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade.

Beneficiarios

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten persoas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde. Tamén poden ser beneficiarios dos incentivos os centros especiais de emprego, excepto para subscribir contratos con persoas con discapacidade, e as empresas de inserción laboral, excepto para subscribir contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social.

Observacións

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día 31 de xaneiro de 2025 e rematará o 30 de setembro de 2025.

Volver