Convocante
Instituto Galego de Promoción EconómicaPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
As presentes bases regulan o contido e o procedemento de tramitación das axudas ao financiamento dos investimentos en Galicia por parte das microempresas.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nestas bases os autónomos e aquelas empresas que teñan a consideración de microempresa. Para os ditos efectos, terá a consideración de microempresa a unidade económica con personalidade física ou xurídica que reúna os seguintes requisitos:
- Que teña menos de 10 traballadores.
- Que teñan unha cifra de negocios anual ou balance xeral anual que non supere os 2 millóns de euros.
- Que cumpra o criterio de independencia.