Convocante
Concello de O GrovePublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
Serán obxecto destas axudas os eventos deportivos que organicen as entidades solicitantes durante o exercicio 2017 no concello do Grove, que sexan de especial relevancia para o pobo polo seu nivel competitivo, por fomentar a práctica deportiva e pola súa transcendencia desde o punto de vista económico e de promoción do municipio.
Beneficiarios
Poderán solicitar estas axudas as entidades/asociacións deportivas que cumpran as seguintes condicións:
- Estar validamente constituídas, sen ánimo de lucro, e que teñan o seu domicilio social no concello do Grove.
- Atoparse debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello do Grove (RMA).