Convocante
Concello de VigoPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
Estas axudas teñen por obxecto servir de estímulo ao empresariado para a contratación dos mozos e mozas do municipio de Vigo, favorecer o emprego estable e facilitar ás persoas novas a súa primeira experiencia laboral que permita mellorar o seu grao de empregabilidade e aprendizaxe na contorna da empresa, a través dos seguintes programas de axudas:
- Programa de incentivos para a transformación de contratos temporais en indefinidos (Programa Indefinidos)
- Programa de incentivos á contratación (Programa Contratacións)
Beneficiarios
Poderán concorrer a esta convocatoria pública as entidades e empresas privadas, independentemente da súa forma xurídica, as comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas, sociedades laborais e as persoas emprendedoras que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional.