Convocante
Consellería de Economía, Emprego e IndustriaPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Estas axudas van destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais en Galicia, correspondentes ao exercicio de 2016. Estas axudas se distribúen en duas liñas:
- Liña 1: programas de formación intersectorial en materia de prevención de riscos laborais de ámbito galego. Cun importe total de 300.000,00 euros.
- Liña 2: outras accións de formación sectorial e de fomento da prevención de riscos laborais. Cun importe total de 1.190.000,00 euros.
Beneficiarios
As entidades beneficiarias serán:
- Na liña 1: programas de formación intersectorial: as asociacións patronais constituídas que recollan expresamente nos seus estatutos que teñen entre os seus fins o fomento da prevención de riscos laborais, e as organizacións sindicais con representatividade no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, de carácter intersectorial en ambos casos.
- Na liña 2: outras accións de formación sectorial e fomento da prevención de riscos laborais:
1.- Fundacións sectoriais paritarias para a promoción da prevención da seguridade e saúde laboral, nadas da negociación colectiva ou de acordos sectoriais, con sede e actividade en Galicia.
2.- Organizacións sindicais con representatividade no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto de carácter sectorial como intersectorial.
3.- Asociacións empresariais de ámbito galego, provincial ou autonómico, sectoriais ou intersectoriais, que recollan expresamente nos seus estatutos que teñen entre os seus fins o fomento da prevención de riscos laborais.
4.- Asociacións profesionais de traballadores e traballadoras autónomas rexistradas , que recollan expresamente nos seus estatutos que teñen entre os seus fins o fomento da prevención de riscos laborais.