Convocante

Consellería de Sanidade

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Estas subvencións teñen por obxecto o desenvolvemento de programas de carácter sociosanitario, destinados á realización de actividades no proceso de atención e rehabilitación de persoas con especiais necesidades de atención sociosanitaria asociadas ao alcoholismo e outras adiccións sen substancia, ludopatía, dano cerebral adquirido, enfermidades raras, trastorno do espectro autista e trastornos da conduta alimentaria.

Beneficiarios

Para seren beneficiarias das axudas publicadas nesta orde as entidades deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Ser unha entidade privada sen ánimo de lucro cuxos fins estatutarios principais sexan a realización de actividades de apoio e axuda ao colectivo ao cal se dirixen os programas de atención sociosanitaria para os que se solicita subvención: alcohol, alcohol e outras adiccións sen substancia, ludopatía, dano cerebral adquirido, enfermidades raras, trastorno do espectro autista e trastornos da conduta alimentaria.
  • Estar legalmente constituídas, polo menos con dous anos de anterioridade con respecto á data de publicación desta convocatoria, coa excepción das federacións recentemente constituídas que estean integradas maioritariamente por asociacións cunha antigüidade superior aos dous anos.
  • Dispoñer dunha sede central ou delegación permanente na Comunidade Autónoma de Galicia, entendéndose como tal a presenza física e o domicilio social nela, e comprometerse, así mesmo, a desenvolver as actividades subvencionadas dentro do seu territorio.
  • Ter un horario mínimo de atención ao público de 20 horas semanais, destinadas a dar información e prestar axuda dun xeito prioritario aos colectivos afectados.
  • Dispoñer de estrutura técnica e capacidade suficiente para garantir o cumprimento dos obxectivos propostos no programa presentado, así como experiencia operativa na súa implementación.
Volver