Convocante

Concello de Vigo

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

O obxecto de estas subvencións e apoiar aqueles proxectos, programas e actividades de asociacións e entidades sen ánimo de lucro que se desenvolvan no ámbito territorial da cidade de Vigo no sector específico dos servizos sociais e que teñan como destinatarios a un ou varios dos seguintes colectivos:

A) Familia e Infancia:

  • Proxectos ou actividades que fomenten as habilidades familiares a través de actividades de formación na igualdade e corresponsabilidade dos seus membros, cara á mellora da calidade da actuación parental e a vida familiar.
  • Proxectos ou actividades que favorezan a participación das familias cara á súa integración social.
  • Programas de apoio psicosocial para situacións de dependencia (autocoidado emocional, autoestima, regulación emocional, habilidades de comunicación e resolución de conflictos, etc.) cara á mellora da calidade da vida familiar.

B) Persoas maiores e persoas con discapacidade:

  • Programas de información e/ou formación dirixidos a estes colectivos, familiares e coidadores.
  • Programas ou actividades dirixidas a persoas maiores e/ou con discapacidade que fomenten a súa psicomotricidade.
  • Programas de acompañamento ás persoas maiores que vivan soas.
  • Obradoiros alternativos non coincidentes cos desenvolvidos pola Área de Política Social.

C) Persoas emigrantes, inmigrantes e minorías étnicas:

  • Proxectos socioeducativos e de promoción social dirixidos a estes colectivos socialmente vulnerables.

D) Persoas marxinadas sen fogar:

  • Proxectos de prevención, tanto individual como familiar ou comunitaria, dirixidos a persoas e colectivos en risco de exclusión social ou desprotección.

E) Persoas toxicómanas (alcohólicas e drogodependentes):

  • Proxectos de carácter preventivo, socioeductivo e de promoción da autoestima.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias de estas axudas as entidades e asociacións de carácter social, sen ánimo de lucro, que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Que teña entre os seus fins o desenvolvemento de actividades sociais e con implantación local.
  2. Estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións da Concellería de Participación cidadá do Concello de Vigo na data na que remata o prazo de presentación de solicitudes.
  3. Non estar incursas en ningún dos supostos previstos no Art. 10 da LSG.
  4. Ter sede, domicilio social ou delegación permanente no termo municipal de Vigo.
  5. No caso de agrupación de entidades, todas elas deberán cumprir os requisitos anteriores.
  6. Non se consideran agrupacións de entidades aquelas que estean formadas por unha asociación e a federación a que pertenza dita asociación ou aquelas en que os órganos de goberno sexan coincidentes, total ou parcialmente, en todas as entidades agrupadas.
Volver