Convocante
Deputación Provincial de PontevedraPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
O obxecto do programa “Conectadas” 2019, é mellorar a formación básica das mulleres na comunidade para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias; contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo; e reducir a fenda dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías.
Beneficiarios
Este programa irá destinado a asociacións, federacións e fundacións sen fins de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, que apoien o seu desenvolvemento e empoderamento, o seu tecido asociativo e a paulatina consecución do obxectivo da igualdade entre mulleres e homes.