Convocante

Axencia Galega das Industrias Culturais

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

A finalidade destas subvencións é o fomento da produción escénica, en calquera das súas modalidades e disciplinas artísticas, por parte de compañías profesionais con actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, estreada entre o 1 de abril de 2016 ata o 31 de marzo de 2017. A produción deberá iniciarse no exercicio 2016.

As modalidades de subvención que comprende esta convocatoria son as que seguen:

  • Modalidade 1. Subvencións á produción de espectáculos de empresas de nova creación, e con proxectos que non superen os 20.000 euros de orzamento.
  • Modalidade 2. Subvencións á produción de espectáculos de pequeno formato, que son aqueles compostos por un máximo de tres actores, actores manipuladores, bailaríns ou músicos en escena, e que non superen os 30.000 euros de orzamento.
  • Modalidade 3. Subvencións á produción de espectáculos de mediano formato, que son aqueles compostos por entre catro e sete actores, actores manipuladores, bailaríns ou músicos en escena, e que non superen os 60.000 euros de orzamento.
  • Modalidade 4. Subvencións á produción de espectáculos de gran formato, que son aqueles compostos por máis de sete actores, actores manipuladores, bailaríns ou músicos en escena, e que non superen os 80.000 euros de orzamento.

Beneficiarios

Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas,así como as sociedades civís e comunidades de bens –ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia–, así como as unións temporais de empresas,dedicadas profesionalmente á produción de actividade escénica, que desenvolvan maioritariamentea súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, exceptuando as asociacións e restantes entidades sen fins de lucro.

Volver