Convocante

Deputación Provincial de Pontevedra

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

Esta convocatoria ten por obxecto regular as axudas para a organización de festivais ou certames musicais e teatrais de recoñecido prestixio que teñan lugar na provincia de Pontevedra, que dediquen unha especial atención á programación e difusión da música e do teatro galego, ademais doutras variantes artísticas, e que se levasen a cabo, como mínimo, en dúas edicións consecutivas nos tres últimos anos.

Beneficiarios

Poderán solicitar estas subvencións as asociacións que reúnan os seguintes requisitos:

  • Carecer de fins de lucro (acreditarase cunha declaración responsable da persoa representante)
  • Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra
  • Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir subvencións públicas
  • Non estar incursa nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei
  • Estar ao corrente coas obrigas tributarias, coa Seguridade Social, coa Facenda autonómica e coa Deputación de Pontevedra
Volver