Convocante
Consellería de Economía Empleo e IndustriaPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Esta orde ten por finalidade o establecemento das bases reguladoras, así como a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e subvencións ás entidades que presten servizos de orientación laboral para o emprego e asistencia para o autoemprego, articulados en itinerarios personalizados para o emprego e dirixidos a mellorar as posibilidades de ocupación das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, a través da contratación de persoal técnico de orientación laboral, no ámbito da colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria coas entidades locais e entidades sen ánimo de lucro, como instrumento para promover a configuración dunha rede especializada na mellora da empregabilidade e ocupabilidade das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas na presente orde:
- As entidades locais, ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha das anteriores, cuxa titularidade corresponda integramente a esta, sempre que por si soas ou asociadas entre concellos limítrofes, teñan unha media de paro rexistrado no ano 2017 superior a 350 persoas ou formen parte dunha agrupación que comprenda, cando menos, tres concellos limítrofes galegos (ou dous no caso de que un deles proceda da fusión de concellos).
- As confederacións e asociacións empresariais e sindicais de Galicia, e as fundacións dependentes das anteriores con experiencia na realización de accións de información e orientación laboral.
- As entidades sen ánimo de lucro especializadas en atención a persoas con discapacidade ou en situación de exclusión social, que realicen accións de orientación laboral de acordo co previsto nestas bases reguladoras e sempre que estean constituídas como centros colaboradores especiais de orientación e consten como tales na relación de entidades colaboradoras do Servizo Público de Emprego de Galicia, así como aquelas entidades que, non tendo a dita consideración como centro especial de orientación, teñan por obxecto a atención a un colectivo cuantificable e significativo de persoas con discapacidade ou en situación de exclusión social, e xustifiquen a existencia do dito colectivo.