Convocante

Concello de Baiona

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

Poderán ser obxecto de subvencións os gastos referidos as seguintes actividades:

  • Deportes: Gastos de organización de actividades deportivas ou relacionadas coa promoción do deporte e gastos de organización de actividades en xeral.
  • Cultura: Actividades relacionadas co achegamento á comunidade das artes plásticas, literatura, teatro, música, divulgación das ciencias e demais manifestacións culturais e artísticas.

Beneficiarios

Poderán solicitar estas axudas as asociacións e entidades que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Carecer de fins de lucro.
  2. Ter o seu domicilio social no termo municipal de Baiona, e estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións de Baiona.
  3. Desenvolver as súas actuacións no ámbito territorial do municipio ou que afecten a colectivos deste Concello ou versen sobre temas de interese do Concello.
  4. Non incorrer en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na Lei.
  5. Estar ó corrente coas obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria, Facenda galega, coa Seguridade Social e co Concello de Baiona.
Volver