Convocante

Concello de Vigo

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

A finalidade ou obxectivo que se pretende acadar coa convocatoria é mediante a investigación e a innovación, se fomente o desenvolvemento de proxectos de investigación e innovación, preferentemente relacionadas co sector secundario, que poidan dar lugar a xeración de emprego.

Beneficiarios

Poderán obter a condición de beneficiarios as entidades, sen ánimo de lucro, que reúnan os seguintes requisitos:

  • Que teñan a súa sede social ou delegación no termo municipal de Vigo.
  • Que, conforme aos seus estatutos ou normas reguladoras, teñan obxectivos e finalidades coincidentes cos establecidos nas presentes bases, e que veñan desenvolvendo actividades de investigación e innovación en proxectos relacionados coa industria, cando menos 6 meses antes da publicación da convocatoria.
  • Que dispoñan dunha estrutura suficiente para garantir o cumprimento dos obxectivos propostos e acreditar a experiencia e capacidade necesaria para acadalos.
  • Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias, co Concello de Vigo e coa Seguridade Social.
Volver